O secretario xeral de Política Lingüística presenta o libro ‘Salve, xuventude ardorosa’
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou esta mañá no Seminario Menor ‘Salve, xuventude ardorosa’, unha obra que conmemora o cincuentenario dos estudantes da xeración do 66 do Seminario glosando as diversas traxectorias persoais dos seus protagonistas. A devandita promoción supuxo un lévedo novo dentro da Diocese de Santiago e, incluso, de Galicia, a través de cregos e laicos moi comprometidos coa realidade cultural, empresarial, política e relixiosa da nosa terra durante as últimas cinco décadas.
Segundo o secretario xeral de Política Lingüística trátase da primeira xeración de rapaces orixinarios do rural galego e das clases populares que teñen acceso á educación superior, “a primeira promoción de estudantes que veñen das clases populares e teñen como lingua materna o galego, e que durante estas últimas décadas foron indiscutibles protagonistas en distintos eidos sociais tan importantes como o cultural, o educativo ou o empresarial.”











