O prazo para inscribirse na Carreira Popular do Ventorillo mantense aberto até final de mes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A área municipal de Deportes do Concello da Coruña recorda a todas aquelas persoas que queiran participar na Carreira Popular do Ventorillo, que se disputará o próximo 4 de setembro, que deben anotarse antes de final deste mes. A data límite de recepcións será o 31 de agosto, ás 23.30 horas. Os e as participantes desta proba, a última do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre da edición 20152016, deberán inscribirse de forma presencial, ou ben telemática, a pesar de estar xa anotadas no circuíto, xa que terán unha puntuación especial todas aquelas persoas que finalizasen seis das sete probras que compoñen o programa anual Coruña Corre. Para facelo de modo presencial, poderán realizar a inscrición nas oficinas de Viaxes El Corte Inglés (avenida de Rubine, nº 35, en horario de 09.30 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas), e para a vía telemática, na web www.championchipnorte.com .

Como noutras ocasións, a carreira terá sete categorías distintas entre prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e absoluta, iniciándose esta mesma ás 10.30 horas do día 4 de setembro, cun percorrido de pouco máis de 5 quilómetros. A saída e lugar de meta estará na rúa Alcalde Jaime Hervada, no cruce con Alcalde Salorio Suárez. A recollida de dorsais terá lugar o sábado 3 de setembro (en horario de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas) e o domingo 4, antes da realización da proba na Asociación Veciñal do Ventorillo.

18 de agosto de 2016 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.