O peche ao tráfico dun tramo do carril esquerdo da Avenida da Habana prolóngase ata mañá

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O peche ao tráfico do carril esquerdo da Avenida da Habana, no tramo comprendido entre a rúa Florentino Cuevillas e a Praza de Concepción Arenal, manterase un día máis, ata mañá, mércores, 24 de agosto. O corte é preciso para rematar a acometida definitiva de saneamento da rúa Concello á rede municipal, na prolongación da Avenida da Habana cara á Praza de Concepción Arenal.

Tamén dentro deste proxecto de urbanización, o luns, 29 e o martes, 30 de agosto, realizaranse as tarefas de refino e aglomerado da calzada da rúa Concello, Con tal motivo pecharase ao esta rúa de maneira ininterrumpida desde o luns ás 8:30 h ata o martes pola tarde. Os vehículos de emerxencias que necesiten acceder (ambulancias, bomberos, policía, etc), o farán desde a Praza de Concepción Arenal.

23 de agosto de 2016 | 12:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.