O Museo Provincial da Deputación de Lugo recibe dous cadros do artista lucense Jesús Rodríguez Corredoira

Un dos cadros de Jesús Rodríguez Corredoira
A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentou estemércores dúas pezas do pintor lucense Jesús Rodríguez Corredoira que forondoadas ao Museo Provincial de Lugo. A doazón, perpetua e gratuíta, foi feitapor Soledad Varela Ortega, neta do filósofo Ortega y Gasset, con motivo dodécimo aniversario da creación da Rede Museística da Deputación de Lugo. Osdous cadros, Retrato de Consuelo Feijoóe Retrato de Andrea Varela, complementanas diferentes creacións da colección de Corredoira que posúe o Museo.
García Porto destacou a xenerosidade de Soledad VarelaOrtega xa que “este acto representa unha das apostas da Deputación quecontribúe ao recoñecemento do traballo dos artistas lucenses a través da RedeMuseística”.
Na sala do Museo, que leva o nome do autor, o que predominaé o retrato. De feito, aparecen as pinturas a varios membros dunha familialucense. Neste momento, están expostas 16 obras de Corredoira no MuseoProvincial de Lugo.
JesúsRodríguez Corredoira
Nado en Lugo o 5 de abril de 1889, é un dos artistas máisimportantes da nosa provincia. Aos catorce anos, Rodríguez Corredoira foibolseiro pola Deputación de Lugo para estudar en Madrid. Ao longo da súaandaina artística, foi adquirindo influenzas dos seus mestres como foi o casode Sorolla e Zuloaga, entre outros artistas cos que conviviu en Madrid. Aparecemoi identificado coas ideas da Xeración do 98, ofrecéndonos unha visión daEspaña negra, a través dos seus personaxes atemporais, deformados eespiritualizados.
A súa etapa mística coincide cos anos vividos en Lugo, naque pinta cadros de gran formato utilizando os fondos de base negros, configuras cunhas carnacións dun branco espectral, influenciadas pola pintura deEl Greco. A súa privilexiada posición social lle levará a converterse no pintorda burguesía e do clero, deixando patente a súa orixinal faceta de retratista. Opintor faleceu en 1939 en Portela de Roxos, Santiago de Compostela.











