O incendio de Cervantes iniciouse a partir dos raios da tormenta do domingo
O alcalde de Cervantes (Lugo), Benigno Gómez, descartou este martes que o incendio da parroquia de Santo Tomé fose intencionado, en tanto que se desatou “a partir dos raios da tormenta do domingo”.
O lume iniciouse ao redor das nove da noite do domingo e non quedou controlado até as sete da mañá deste martes, segundo a Consellería de Medio Rural, tras arrasar máis de 30 hectáreas.
“Coa tormenta, caeron raios e era unha zona con moita pendente, e co vento o lume mesmo saltou unha pista; creemos que non foi intencionado porque foi cando se produciu a tormenta”, sinalou o rexedor de Cervantes.