O equipo feminino Santiago Futsal A Gaiola competirá na Liga Galega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportes
A-
A+
Santiago Futsal A Gaiola

Santiago Futsal A Gaiola

O comezo de curso deportivo está cada vez máis preto para os equipos do Santiago Futsal. Novo curso e novos retos, algo que afronta con moitas ganas o equipo feminino do Santiago Futsal, que a próxima campaña participará en Liga Galega por primeira vez na súa historia.

As xogadoras celestes disputarán unha das competicións máis importantes do fútbol sala feminino de Galicia, na que queren aprender e evolucionar como grupo e equipo; sempre defendendo e demostrando os valores de traballo, dedicación e superación do Santiago Futsal.

Ambicioso reto para un plantel que a pasada tempada asinou unha excelente participación na liga Provincial da Coruña, logrando o 4º posto en Liga e alzándose subcampión de Copa.

Ademais, o conxunto feminino comezará a temporada disputando as eliminatorias de Copa Diputación ante o Villa de Cee, en data e hora aínda por confirmar.

25 de agosto de 2016 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.