O concello vigués instalará cámaras de seguridade intelixentes en puntos estratéxicos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

Comezando pola rúa do Príncipe, o goberno de Vigo levará a outros “puntos estratéxicos” da cidade un sistema intelixente de videovixilancia. Abel Caballero explicou este xoves que as cámaras se activarán coa detección de persoas e enviarán automaticamente avisos á Policía Local.

O alcalde, quen recordou que “Vigo é unha cidade segura”, explicou que se van empregar as últimas tecnoloxías para “apoiar” a seguridade da urbe, cun sistema de videocámaras intelixentes emprazadas en “puntos estratéxicos” da cidade, comezando por Príncipe.

As cámaras, apuntou o rexedor vigués, activaranse coa detección de persoas e poderán emitir avisos directamente á Policía Local. O goberno de Vigo estimara inicialmente o investimento en 36.000 euros, cantidade que Caballero baralla ampliar para levar este sistema a outros puntos da cidade.

25 de agosto de 2016 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.