publicidade hoxe

O Concello mellora o barrio de San Pedro en Canabal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Concello de Sober vén de adxudicar os traballos de melloras urbanas no barrio de San Pedro, na parroquia de Canabal, que deron comezo onte mesmo.  As obras contan cun presuposto de 40.000 euros e son financiadas pola Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia a través do Plan de Infraestruturas.

A actuación foi adxudicada pola Comisión Municipal do Goberno local do Concello de Sober á empresa local ‘Río Sil Obras e Viais’. 

O alcalde soberino, Luis Fernández Guitián, precisou que con estes traballos “mellorarase con aglomerado asfáltico a entrada á parroquia de Canabal dende o cruce da estrada de Telleiros e o vial que sae á estrada de Sober”.

Guitián precisou que “os traballos complementaranse cun paseo peonil pola beirarrúa da estrada, necesario para mellorar a seguridade vial na zona”.

O rexedor avanzou que estas obras “suporán unha importante mellora da principal vía de acceso aos barrios de A Estación,  A Cha, San Pedro e A Igrexa na vila de Canabal e ordenaran o tráfico rodado e o peonil”.

19 de agosto de 2016 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.