publicidade hoxe

O Concello do Grove inicia amplos traballos de desbroce en San Vicente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

A partires de hoxe e durante os vindeiros días intensificaranse os traballos de desbroce e limpeza na zona de San Vicente. Hoxe comezaranse na zona de Reboredo e nos vindeiros días continuarase nos parques de Pedras Negras. Todo isto logo de que quedara limpo o camiño de baixada a Con Negro e se teña avanzando na zona do centro de San Vicente.

O desbroce e limpeza na zona rural é unha demanda continua dos veciños e veciñas desta zona logo de varios anos de desatención a esta cuestión. É preciso coordinar adecuadamente este tipo de traballos xa que deben facerse en momentos adecuados para evitar que o crecemento posterior sexa moi rápido. Nesta época do ano supón unha preparación para a vindeira estación.

25 de agosto de 2016 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.