O Concello de Vilagarcía abre a participación nas carrozas a 55 cativos de 6 a 14 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Como ven sendo habitual dende hai uns anos, o Concello de Vilagarcía abre o desfile de carrozas á participación do público en xeral poñendo a disposición de nenos e nenas os vehículos reservados á administración municipal na Batalla de Flores coa que se pecharán as festas o vindeiro domingo, 21 de agosto. Disponse de3 carrozas, cun total de 55 prazas, que poderán ser ocupadas por nenos e nenas de 6 a 14 anos.

A inscrición para está aberta ata o venres 19 de agosto ás 14 horas ou, ata esgotar as 55 prazas. Non obstante, crearase unha lista de agarda á que recorrer, por orde de inscrición, si se producen algunha baixa. Os interesados debe dirixirse ao departamento de Protocolo para anotarse de 8 a 14 horas.

17 de agosto de 2016 | 10:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.