O Concello de Vigo eloxia a calidade de El Olivo e felicita ao club polo título de Segunda División

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+
Abel Caballero xunto ás xogadoras de El Olivo

Abel Caballero xunto ás xogadoras de El Olivo

Caballero recibiu este martes a xogadoras, corpo técnico e directivos do club, campión da Liga de 2ª División Feminina, e transmitiulles a “felicitación” e o “orgullo” da cidade por ter un equipo deste “nivel de calidade” en Vigo, que representa ademais un “modelo” para tantas novas deportistas.

En declaracións posteriores, Abel Caballero recordou que El Olivo está “moi apoiado” polo Concello de Vigo, o seu principal patrocinador, porque “cremos que hai que facer un esforzo moi importante para a igualdade no deporte”, subliñou o rexedor vigués.

23 de agosto de 2016 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.