publicidade hoxe

O Concello de Ribadumia informa aos veciños dos seus datos padronais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia inicia unha campaña para informar aos veciños da localidade dos seus datos padronais, co obxectivo de que comproben que son correctos e, no seu caso, poidan modificalos. Dáse resposta así ao Regulamento de Poboación e Demarcación das Entidades Locais, que obriga aos concellos a informar aos veciños do contido dos seus datos no padrón cada cinco anos.

Para dar resposta a este regulamento, nestes días os 1.660 fogares de Ribadumia recibirán nas súas casas documentación cos datos que figuran sobre eles no padrón municipal. Unha vez se comproben os datos padronais, se existe calquera error ou variación, deberán solicitar a súa rectificación nas oficinas municipais. Dispoñen dun prazo de trinta días para realizar as correccións oportunas, para as que deberán amosar o DNI e o título de estudos, no caso de ser este o dato erróneo. Transcorrido este prazo, o concello dará por cumprida esta obrigación. 

Se esta comunicación non chega aos domicilios, as persoas interesadas poden dirixirse ao departamento de Padrón das oficinas municipais para solucionar posibles erros ou omisións no padrón municipal por habitantes. 

Datos

O padrón é o rexistro administrativo onde constan os veciños do municipio. Os seus datos constitúen proba da residencia no municipio e do domicilio habitual. Os datos que se inclúen son nome e apelidos, sexo, domicilio habitual, nacionalidade, lugar e data de nacemento, estudos e número de documento nacional de identidade. No caso de persoas estranxeiras, será o documento que o substitúa.

No padrón municipal de Ribadumia hai inscritas actualmente 5.121 persoas.

30 de agosto de 2016 | 11:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.