O Concello de Ourense acometerá obras de adecuación do pavimento na rúa Xesús Pousa
O Concello de Ourense acometerá a partires de mañá obras de adecuación do pavimento na rúa Xesús Pousa, no tramo que conflúe coas rúas San Rosendo e Euloxio Gómez Franqueira, no barrio da Ponte, ao carón da antiga máquina do tren.
Estes traballos de mellora (reparación, repintado e acondicionamento de arquetas e rexistros) e eliminación das fochancas existentes teñen un orzamento de 17.979,81 euros.
Desde a Concellería de Infraestruturas sinalan que durante a duración dos traballos non se pechará completamente ao tráfico este cruce no barrio da Ponte, ao carón da antiga máquina do tren, senón que os traballos se realizarán de xeito gradual para interferir o menos posible no tráfico e provocar as menores molestias.











