O Concello de Lugo reforza o persoal dedicado á lectura dos contadores de auga para ofrecer un servizo máis eficiente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, deu conta este martes do reforzo de persoal dedicado á lectura dos contadores de auga que acometerá o Concello, para ofrecer un servizo máis eficiente. Deste xeito, intensificará o servizo cun traballador máis, que durante seis meses se suma ao equipo que realiza as lecturas trimestrais. Esta contratación realízase pola acumulación de tarefas que hai neste departamento, tal e como avanzou Núñez.

Xunto con esta medida, o Concello tamén instalará un novo sistema de lectura de contadores de auga para mellorar este servizo, co que se contratará a implantación, asistencia técnica, mantemento e xestión de medición deste sistema. Incluirá tarefas relacionadas coa preparación e descarga das rutas de lectura, co obxectivo de renovar os equipos actuais existentes, así como modernizar este servizo cunha plataforma e unha aplicación informática que integre tanto os traballos de xestión como lectura, actuacións para as que o Concello destina 20.500 euros.

23 de agosto de 2016 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.