O Club Piragüismo Penedo gaña en Calasparra o Campionato de España de Xóvenes Promesas de Slalom
O pasado fin de semana disputábase en augas do río Segura ao seu paso pola localidade murciana de Calasparra o Campionato de España de Novas Promesas de Slalom en participárona tres clubs galegos. Ademais se diputaba o campionato de España por autonomías na modalidade de patrullas na Galicia levou o triunfo final por diante da federación do País Vasco e a Fedearción de Cataluña.
O Piragüismo Penedo alcanzou o primeiro posto dunha forma moi contundente ao sumar 606 puntos, o segundo posto foi para o Club Cadi con 439 puntos e o terceiro lugar do podio ocupouno o Club Tea de Mondariz con 416 puntos, o Piragüismo Dumbría ocupaba a novena posición da clasificación xeral de clubs.
O Penedobasó o seu triunfo conseguindo cinco medallas, Daniel Pérezlograba a medalla de ouro na proba de C1 infantil A, Borja González a prata en C1 infantil A, Hipólito Alves prata en C1 infantil B, Selena Fernández bronce en C1 muller infantil B e BraisCaride bronce en C1 infantil B.
OClub Tea de Mondarízque conquistou o terceiro posto tras unha dura loita co cuarto clasificado o Club Santiagotarrak de Irún ao que só avantaxou en seis puntos, tróuxose para casa tres metais. Rosana Bernárdez en K1 muller infantil B logro o ouro, Mario Otero a prata en K1 infantil B e Kevin Manuel o bronce en C1 infantil.
Con esta vitoria o Piragüismo Penedo consegue por primeira vez na historia do slalom galego o título ligueiro da categoría de novas promesas. Os deportistas de José RicónSoliño lograron dúas vitorias e un segundo posto no tres competicións que formaban a liga.











