O alcalde vigués apoia o proxecto do Club Piragüismo Olívico para crear un grande centro deportivo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

Tras recibir este xoves a responsables do Club Piragüismo Olívico que lle presentaron o seu proxecto para desenvolver un centro educativo, experimental e deportivo nunha das naves abandonas da zona portuaria, Abel Caballero amosou o respaldo do seu goberno a esta iniciativa e tamén aos tres clubs piragüistas na potenciación deste deporte.

O rexedor recibiu esta mañá a responsables do Club Piragüismo Olívico que conta cun “número importante de mozos e mozas” que se inician nesta modalidade” e que lle presentaron un “grande proxecto” para facer de Vigo unha cidade con inmensa partición neste deporte”.

Así, segundo explicou Caballero, o club contempla a posibilidade de usar unha das naves da zona portuaria, que é propiedade do IGAPE e que está abandonada, para transformala nun “grande centro educativo, experimental e deportivo de piragüismo”, coa vantaxe de que se sitúa ao carón do mar e que dispón de embarcadoiro, de maneira que a xuízo do alcalde é un “grande lugar” para potenciar este deporte e incrementar a súa presenza na cidade.

Abel Caballero trasladoulle ao Clubs Piragüismo Olívico e aos tres clubs piragüistas da cidade que “teñen o noso apoio, para iso queremos manter o diálogo permanente con eles” porque “queremos ver” a remeiros e piragüistas vigueses destacando neste deporte.

25 de agosto de 2016 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.