publicidade hoxe

O alcalde de Ferrol ve que Feijóo ten medo de que a esquerda se organice

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, acudiu na mañá deste xoves á Asociación de Veciños de Ultramar, en Ferrol, para votar nas primarias de En Marea e asegurou que o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ten “medo de que a esquerda se organice e poida, nunha cita electoral, acabar con tantos anos de derrubamento do sistema público”.

Suárez non desvelou quenes foron os seus elixidos para acompañar a Luís Villares na candidatura á presidencia da Xunta, pero si confirmou o seu voto ao candidato, pois considera que “pode traccionar este movemento de unidade popular e alcanzar o poder na Xunta de Galicia”.

O edil ferrolano opinou tamén sobre o sector máis crítico de Podemos coa confluencia, Suárez cre que ese sector “fai moito ruído nos medios de comunicación pero é unha opción minoritaria”. “En Podemos hai moita xente de ben, eu formei parte das negociacións e a sintonía con Echenique, coa executiva estatal e galega foi transparente e clara”.

FERROL SEGUE SEN PRESUPOSTOS

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, explicou esta mañá que aínda está aberto o prazo de 20 días para que a oposición faga alegacións ao documento de presupostos presentado, aínda que a súa intención “é levalos canto antes a un pleno extraordinario”.

Este mércores, a voceiro do grupo municipal do Partido Popular acusaba ao alcalde de “irse de vacacións” sen entregar a documentación que prometera. Suárez considera estas declaracións como unha estratexia “parte da algarabía previa a unha cita electoral”.

Por outro lado anunciou que dende o próximo luns comezarán tamén a traballar nos presupostos de 2017, pois dende o Goberno cren que “os anos 2017 e 2018 van ser claves” para Ferrol”. “Agora funcionamos perfectamente cohesionados e cremos que estes dous anos van ser fundamentais para cambiar a cidade”, remarcou.

18 de agosto de 2016 | 16:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.