publicidade hoxe

O alcalde de Ferrol ve a Luis Villares como o mellor candidato para un cambio no país

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, declarou este martes que Luis Villares, o aspirante de En Marea á Presidencia da Xunta de Galicia, é “o mellor candidato” que ten Galicia para levar a cabo “un cambio no país”.

Ademais, sobre as persoas que integran as listas das mareas xunto a Villares, considerou que son “o mellor equipo posible” para acompañar ao candidato.

Respecto dos que aspiran a ser deputados por En Marea nas eleccións do 25 de setembro, Suárez defende que todas aquelas persoas que “integran unha lista dentro dun proxecto colectivo sempre son válidas”, porque, segundo explicou o edil ferrolán, “o que vai importar é o programa e a súa aplicación”.

Ademais, Suárez insistiu en destacar o proceso de primarias, celebrado no seo da coalición, que este luns cualificaba de “histórico”. “Son unhas listas que veñen dun proceso histórico de primarias con 10.000 persoas participando e con garantías absolutas de que no resultado vai reflectido unha persoa un voto”, reivindicou o edil ferrolán.

ETAPA EMOCIONANTE

Finalizado o proceso constituínte da candidatura, Jorge Suárez apuntou que os alcaldes -en referencia tamén a Martiño Noriega (Santiago) e Xulio Ferreiro (A Coruña)- teñen “que volver” aos seus concellos “e que o proceso siga en marcha”.

Suárez cre que agora se abre unha etapa “emocionante” e está “seguro” de que se vai a alcanzar o cambio na Xunta de Galicia” o próximo 25 de setembro.

23 de agosto de 2016 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.