Novo manual específico da Policía Local da Coruña para a atención dos delitos de odio
A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, saúda a posta en marcha por parte da Policía Local da Coruña dun manual específico para a atención dos delitos de odio. Esta actuación enmárcase dentro das medidas que está a poñer en marcha a área municipal de seguridade tras incorporse o pasado maio ao Programa para Identificación Policial Eficaz (PIPE), desenvolvido pola Plataforma da Xestión Policial da Diversidade, que cada ano selecciona a uns poucos concellos do Estado para a súa aplicación. O PIPE baséase nunha iniciativa de formación que traballa na adaptación dos corpos policiais ás novas demandas diversas dende dúas frontes, como son, por unha banda, a formación dos e das profesionais e, pola outra, o traballo de achegamento do labor policial ao tecido social. A responsable municipal agradeceu “o compromiso e esforzo que están a amosar os corpos de seguridade municipais co PIPE, que en definitiva trata de ofrecer mecanismos á Policía Local para axudala a levar a cabo unhas identificacións tanto eficaces como efectivas, e que teña unha formación específica para previr tanto os delitos de odio como para xestionar o traballo dos colectivos diversos na cidade”. Así mismo, fixo fincapé en que “son moi poucas as policías locais ningunha en Galicia, de feitoas que estabeleceron procedementos deste tipo para atender os delitos de odio”. “Nesta materia podemos dicir que os corpos de seguridade do Concello da Coruña están entre os máis avanzados do Estado español”, reflexionou.











