Noriega replica a Feijóo que o caos son as políticas do PP nestes últimos anos
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, respondeu ás críticas do presidente da Xunta e aspirante á reelección, Alberto Núñez Feijóo, que “o caos levan sendo as políticas do Partido Popular estes últimos anos”.
A preguntas dos xornalistas antes de reunirse coa conselleira de Medio Rural na sede administrativa da Xunta en Santiago, Noriega acusou a Feijóo de manter un discurso “interesado” que vincula á oposición co “caos”.
“Cando penso que o caos levan sendo as políticas do Partido Popular estes últimos anos”, sentenciou, antes de afirmar que vai “que hai un espazo de alternativa ao PP, de garantías, que vai ser liderado pola marea e cun candidato que cumpre con todos os requisitos para estar á altura do país como é Luís Villares”.
Ademais, a continuación, ha ironizado con que “Feijóo estes días está moi emotivo” e “se emociona moito”. “Cada un busca os seus espazos de emotividade na vida. El cos seus conselleiros, outros, pois coa familia, cos amigos, coas súas cousas”, sinalou.
BNG
Por outra banda, ante as declaracións da voceira do BNG e candidata nacionalista nas eleccións do próximo 25 de setembro, Ana Pontón, o rexedor compostelano, de Anova, apuntou que “é moi importante visibilizar que hai espazo e lugares de encontro entre as diferentes forzas da esquerda para articular unha maioría alternativa ao PP”.
“Iso non aconteceu nas anteriores xerais e pagouse, e creo que a xente ten que velo. Cónstame tanto pola candidata do BNG coma polo candidato do PSdeG -que- hai esa vontade e é positivo”, destacou.
Neste sentido, Noriega reivindicou que En Marea ten “claro cáles son” os seus “rivais políticos” e que “hai que articular un espazo colaborativo para ofrecer un modelo alternativo ao PP”. “e lexitimamente esperamos que sexa liderado pola ‘marea’, apostilou.
LISTAS
Por último, resaltou que “En Marea foi o único espazo político que deu un exemplo no que foi a elección das súas listas”, cun “proceso participado de máis de 10.000 persoas”.
Así, valorou que sexa un “lugar de encontro de xente do mundo da esquerda” á que “non se lle pide afiliación nin orixe”, sexan “nacionalistas, federalistas ou autonomistas”.
“É unha candidatura de unidade popular”, dixo, antes de considerar que “o resultado final o que reflicte é a maioría social agredida” e ese é ao seu xuízo “o potencial” de En Marea.
Deste modo, rexeitou avaliar “posicións de parte”, pola representación alcanzada polos nacionalistas nas listas de En Marea, ao entender que “esa é unha lectura interesada”.
“En marea é un lugar de encontro. Todos os candidatos que saíron elixidos nas primarias son os meus candidatos yno facemos lecturas reduccionistas”, reiterou, para, a continuación, censurar que “para etiquetas xa está o PP, que clasifica en ‘baltaristas’, non ‘baltaristas’, os da gorra …”.











