publicidade hoxe

Medio Ambiente executará unha obra para optimizar os sistemas de depuración de Cerdedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde de Cerdedo

Beatriz Mato na reunión co alcalde de Cerdedo. Foto: C. Paz

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio levará a cabo unha actuación para optimizar o funcionamento dos sistemas de depuración do concello de Cerdedo, facéndoos máis sostibles e acordes aos obxectivos de calidade das augas destas zonas.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de Cerdedo, José Silvestre Balseiros, asinaron o convenio de colaboración polo que se executará esta actuación en materia de infraestrutura hidráulica. O importe do convenio ascende a 200.000 euros e as obras serán cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

Asemade, avánzase no obxectivo de optimizar o funcionamento dos sistemas empregando tecnoloxías máis eficientes, incrementando os rendementos e, con elo, a calidade das augas da contorna, o que redundará positivamente nas condicións de vida dos habitantes desta zona.

Coa sinatura do convenio, Augas de Galicia poderá licitar o contrato desta actuación nas vindeiras semanas.

19 de agosto de 2016 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.