publicidade hoxe

“Llega800” soluciona de balde os fallos de recepción na TDT

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Os traballos que están a desenvolver dende principios de ano as operadoras de telefonía móbil para implantar a tecnoloxía 4G en Vilagarcía terán unha segunda fase nas vindeiras semanas. Dado que esta tecnoloxía móbil comparte frecuencia coas canles de televisión dixital (TDT), a sociedade llega800 advirte que poden producirse interferencias ou fallos de recepción nas sinais televisivas, polo que poñen a disposición dos usuarios unha web e teléfono gratuíto para comunicar incidencias e enviar un técnico a resolvelas completamente de balde.

As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone y Orange, comezarán a ofrecer a partir do 20 de xullo servizos sobre a rede 4G na banda 800MHz, operativa desde abril de 2015, p que permitirá aos usuarios gozar de conexións móbiles de alta velocidade sobre tecnoloxía LTE (4G) cunha mellor cobertura no interior dos edificios e dispoñibilidade do servizo nunha maior extensión xeográfica. O despregue completo da tecnoloxía 4G culminará en marzo de 2018.

Segundo o establecido no Real Decreto 805/2014, de 19 de setembro, con data 1 de abril de 2015, se procedeuse á liberación das frecuencias entre 790 e 862 MHz (canais 61 ao 69 de UHF) que ata entón se empregaban para a recepción da televisión dixital terrestre, proceso tamén coñecido como Dividendo Dixital. A partir de entón, ditas frecuencias foron asignadas ás operadoras de telefonía móbil para prestar os seus servizos de telefonía móbil 4G.

Llega800 é a entidade xestora encargada de ofrecer os servizos que garantirán a compatibilidade entre a posta en marcha da emisión do 4G na banda 800 MHz e a recepción do servizo de TDT.

Adaptación gratuíta de antenas

Llega800 presta aos cidadáns unha serie de servizos gratuítos que inclúen, por un lado, unha actuación previa, grazas á cal os veciños que residan en zonas de maior afectación recibirán unha comunicación no seu domicilio que lles informará de que a partir dese momento poderán solicitar de forma gratuíta a adaptación da antena do su edificio para evitar posibles incidencias.
E, por outro, un procedemento correctivo, tras o acendido das estaciones, por o que llega800 se encargará de atender aos usuarios afectados xestionando e resolvendo posibles afectacións tamén sen custe algún.

Para xestionar estes servizos, púxose a disposición dos cidadáns un teléfono de atención gratuíto (900 833 999) e unha páxina web www.llega800.es.

Máis e mellor cobertura

Coa rede 4G ábrese a porta a innovadores servizos e aplicacións, ademais de proporcionar significativas melloras tanto na velocidade de descarga, como de envío de datos -fotos, música ou contidos audiovisuais de alta definición- ou permitir sacar o máximo partido a aplicacións on line, como os vídeo xogos. 

“Esta rede avanzada de telefonía móbil introduce dúas melloras fundamentais. A primeira avantaxa consiste en que resolve moitos problemas relacionados con orografías complicadas onde tradicionalmente fallaba a cobertura. A súa outra avantaxa destacable é a gran penetración en zonas interiores dos edificios” explica Daniel Espín, portavoz de Llega800. 

A nova xeración da tecnoloxía 4G tamén facilita a introdución de novos servizos na área empresarial e das administracións públicas, como aplicacións empresariais en mobilidade con alto contido multimedia ou o uso da vídeo chamada, entre outros.

Ademais, a maior cobertura que alcanza o 4G na banda de 800MHz mellorará o servizo no interior de edificios e será a banda que permita estender xeograficamente o servizo de forma eficiente.

29 de agosto de 2016 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.