publicidade hoxe

Licítanse as obras de urbanización dunha nova fase do parque empresarial de Quiroga e de iluminación do polígono de Taboada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaQuirogaTaboada
A-
A+

A Xunta de Galicia, a través da sociedade pública Xestur, vén de licitar as obras de urbanización dunha nova base do polígono empresarial de Quiroga e de iluminación do polígono de Taboada. A empresa pública Xestur iniciou o proceso de contratación destes traballos por encomenda da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, cun orzamento previsto de máis de 500.000 euros.

No caso de Quiroga urbanizarase o polígono D do parque empresarial dado que no mesmo existe demanda de solo e as parcelas urbanizadas están esgotadas.

As obras consistirán fundamentalmente na prolongación dun vial xa existente ata o límite do parque empresarial, resultando 11 parcelas destinadas ao asentamento de empresas. A ampliación contará cunha superficie de 15.736 metros cadrados.

O importe de licitación desta obra é de 356.000 euros, cun prazo de execución de dous meses.

Polo que respecta ao parque empresarial de Taboada, a obra consistirá na electrificación interna e remate do alumeado público, que inclúe as obras correspondentes á eliminación do tendido aéreo de media tensión que afecta ao polígono e posterior construción das infraestruturas necesarias para substituílo, así como a construción dun novo tendido de baixa tensión que garanta o subministro aos veciños afectados. Tamén rematará o alumeado público do parque empresarial coa instalación dos báculos e luminarias que quedaron pendentes en fases anteriores, así como a instalación dun cadro que garanta o servizo. Ademais, contémplase a construción dun aparcamento paralelo á LU-212.

O investimento previsto en Taboada é de 172.788 euros, cun prazo de execución de tres meses.

24 de agosto de 2016 | 16:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.