publicidade hoxe

José García: ”É un orgullo que se dispute en Cerceda un partido deste nivel entre o Rio Natura Monbus Obradoiro e o FC Porto”

Presentación do torneo

Presentación do torneo

O Rio Natura Monbus Obradoiro enfrontarase ao FC Porto no seu segundo encontro de pretemporada e o primeiro na provincia. O partido, que se enmarca dentro do I Torneo de Baloncesto Deputación da Coruña, terá lugar o 4 de setembro, ás 12.30 horas, no Pavillón Municipal de Cerceda.

O torneo foi presentado de maneira oficial esta mañá por Óscar Rodríguez, conselleiro do club, e José García Liñares, alcalde de Cerceda e representante da Deputación da Coruña.

Rodríguez explicou que “ao ser o único equipo da provincia, e tamén de Galicia, en toda a liga Endesa, sentimos na obrigación de sacar ao equipo da nosa cidade e tratar de estendernos o máximo posible”. O conselleiro do club quixo agradecer “á Deputación e ao Concello de Cerceda, representados ambos aquí por José García Liñares, a súa importante colaboración, mercé á cal o evento contará cun prezo único e popular de 6 euros”.

O alcalde de Cerceda quixo comezar a súa intervención facendo referencia á Constitución Española: “o fomento do deporte pertence aos poderes públicos, polo que é un orgullo poder colaborar co Rio Natura Monbus Obradoiro, equipo referencia no baloncesto”.

Jose García Liñares ha señaldo que “é un orgullo que se dipute en Cerceda un partido deste nivel” e que, ademais, “desde a Deputación queremos colaborar aínda máis, tanto no deporte de elite como no de base xa que para nós van ligados. Non existe o deporte de base si non existe algún club que tire desa canteira”.

Liñares terminou a súa intervención agradecendo ao club que teña en conta unha pequena localidade como Cerceda, xa que “si non acode un club que chame un pouco a atención é difícil fomentar o deporte cando non hai nomes”.

En total poranse á venda 500 entradas, polo que se habilitou un período de compra preferente para veciños de Cerceda, abonados e accionistas do Rio Natura Monbus Obradoiro e amigos da Fundación Heracles que termina o 26 de agosto. A partir do 27 estarán á venda para o resto do público.

As entradas terán un prezo único de 6€ e todo o recadado destinarase integramente á Fundación Heracles. Pódense comprar nas oficinas do club, na tenda oficial Tiro Libre Scq, ou realizando unha transferencia bancaria (ABANCA É92-2080-0375-1130- 4001- 6453) e enviando o xustificante do ingreso a abonados@obradoirocab.com, recollendo a entrada na porta do pavillón de Cerceda o mesmo día do encontro.

23 de agosto de 2016 | 20:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.