publicidade hoxe

Incentivos para a dinamización da Feira do Moble de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Estrada
A-
A+

Cando faltan apenas tres semanas para a celebración da vindeira 30ª Edición da Feira do Moble de Galicia, o equipo organizativo, estase volcando coa campaña publicitaria do evento e igualmente, pechando o programa de actividades paralelas que darán cobertura á presente edición. Nestes intres, atópanse ultimadas catro actuacións artísticas, un total de sete bonos correspondentes a catro estancias e tres pases dobles para o Balneario Termás de Cuntis e seis ceas para dúas persoas, patrocinadas pola firma de restauración local “O Asador de Leo”.

A Fundación de Exposicións e congresos da Estrada, en colaboración co Balneario As Termas de Cuntis, agasallará cun total de sete bonos que consisten en catro estancias para dúas persoas no Hotel Castro do Balneario as Termas de Cuntis en réxime de aloxamento e media pensión con acceso libre ao Acquaform, así como, tres bonos consistentes en sendos pases dobles para acceder ao circuito lúdico termal Acquaform.

A firma de restauración local “O Asador de Leo”, en colaboración co recinto feiral e como deferencia a todos os visitantes da Feira do Moble de Galicia, ao igual que en edicións pasadas, sorteará un total de seis ceas para dúas persoas, canxeable entre semana.

A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra en colaboración co propio recinto feiral e a modo de reforzó e dinamización do certame, cofinanciará un total de catro actuacións artísticas: “Os sete magníficos”, “Mago Adri”, “Marexada Maxia” e “Mago Norberto”. Estas actuacións, levaránse a cabo os días 17, 18, 24 e 25 de setembro, no recinto feiral estradense, ás dezaoito horas.

Á data, ainda se atopa pendente de pechar algunha outra actuación artística, encargada de dinamizar o mercores día 21 de setembro en que se darán cita no recinto unha serie de colectivos específicos que foron convocados: Terceira Idade, Mulleres Rurais, Amas de Casa e discapacitados.

Todas estas medidas, están encamiñadas a dinamizar o evento e atraer máis visitantes ao recinto. As actividades lúdicas e de esparcemento desenvolveránse escalonadamente para que todos os visitantes conten coas mesmas oportunidades.

26 de agosto de 2016 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.