Fogos de artificio e música porán o ramo á Semana Grande da Peregrina

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Música, moita música (até cinco concertos en dous días), verbenas e fogos de artificio porán o ramo ás Festas da Peregrina. O fin de Semana Grande non é o fin das festa na cidade. A próxima semana hai dúas novas citas. A Festa e Foliada do demo (día 23 de agosto) e a estrea de Ponte Coqueta (día 27).

A esta semana de baixa intensidade festiva seguiralle a primeira fin de semana de setembro a traca final da tempada festiva: a Feira Franca.

Sábado 20 de agosto

12.00 h. Pasarrúas a cargo da charanga Apeles

13.00 h. Pasarrúas do grupo Os Alegres

18.00 h. Pasarrúas a cargo da charanga Apeles

19.00 h. Pasarrúas a cargo da charanga Rouba Bicos

21.00 h. Concerto de Pel e Pau Praza da Ferraría

22.30 h. Concerto de Dvicio. Praza de España

22.45 h. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestras California e Soprano

Domingo 21 de agosto

12.15 h. Pasarrúas a cargo da charanga Apeles

12.30 h. Pasarrúas a cargo do grupo Gaiteiros das Rías Baixas

18.00 h. Pasarrúas a cargo da charanga Apeles

19.00 h. Pasarrúas a cargo da charanga Rouba Bicos

21.00 h. Concerto de corais. Coral Voces Amigas de Mourente, Coral Helénica, Coral Polifónica de AC do Chopo, Coral Airiños de Campañó, Coral Polifónica de Salcedo, Coral Alame da do Fogar do Maior e Coral Bella Helenes. Praza da Ferraría

22.30 h. Concerto de Loquillo. Praza de España

22.45 h. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestras Alianza e Fin de Siglo

24.00 h. Fogos de artificio no peirao das Corvaceiras, Pirotécnica Xaraiva

19 de agosto de 2016 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.