publicidade hoxe

Extinguido o incendio dun alpendre da Veiga tras máis de dous días de traballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA VeigaSucesos
A-
A+
Europa Press

Os Bombeiros de Valdeorras deron por extinguido o incendio declarado na tarde do martes nun alpendre no municipio ourensano da Veiga tras máis de dous días de traballo.

Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 00,00 horas deste venres, os Bombeiros de Valdeorras comunicaron ao persoal do servizo de emerxencias que daban por finalizadas as tarefas de extinción do lume que arrasou un alpendre no lugar de Seoane, na localidade da Veiga.

O lume iniciouse sobre as 18,00 horas do pasado martes. Dende ese día, debido á cantidade de palla acumulada e ás altas temperaturas rexistradas no palleiro, os medios de extinción “traballaron a reo para evitar que o lume se reavivase”, sinalaron as mesmas fontes.

Ademais dos Bombeiros, tamén formaron parte do operativo a Guardia Civil e os efectivos do GES e de Protección Civil da localidade.

26 de agosto de 2016 | 10:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.