Extinguido o incendio da Pobra de Trives tras arrasar 200 hectáreas
A Xunta deu por extinguido ás 19,15 horas deste mércores o incendio forestal declarado na parroquia de Navea, en A Pobra de Trives (Ourense).
Segundo a última estimación da Consellería de Medio Rural, a superficie calcinada é dunhas 194 hectáreas, 20 delas de arboredo e o resto de monte raso.
Unha hora antes, sobre as 18,00 horas, os medios de extinción deron por sufocado o lume que afectaba ao concello lugués de Cervantes, onde arderon unhas 46 hectáreas.