Estabilizado o incendio que afectou a 170 hectáreas en San Cristovo de Cea
O incendio forestal que queimou por agora 170 hectáreas no municipio ourensano de San Cristovo de Cea foi dado por estabilizado, segundo informa a Consellería de Medio Rural. Este lume iniciouse sobre as 19,23 horas do domingo na parroquia de Oseira, no concello ourensano de San Cristovo de Cea.
Por outra parte, sobre as 1,40 horas da madrugada deste luns deuse por controlado o incendio que empezou ao fío das 18,00 horas do domingo na parroquia de Tintores, en Verín. O lume, que obrigou a activar o nivel de alerta 2 durante algunhas horas, afectou a 36 hectáreas.