publicidade hoxe

Ecopatrulla, inchables e aula móbil en Carnota

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarnota
A-
A+

Chega a Carnota a Ecopatrulla, dentro da campaña “Separemos ben, reciclaremos mellor” que promove a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Sogama, contando coa colaboración e apoio dos Sistemas Integrados de Xestión (SIX) de envases lixeiros, envases de vidrio, pilas e residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE): Ecoembes, Ecovidrio, Ecopilas, Ecolec, ERP, Ecotic, Ecoraee, Ecoasimilec, Ecofimática, Tragamóvil, Ambilamp e Ecolum.

Ésta iniciativa consta dunha primeira fase que se iniciará co desenvovlemento de accións en praias, e deste xeito intentar mellorar a conciencia ambiental da veciñanza e motivar a súa colaboración na correcta xestión dos residuos municipais.

Polo tanto, o vindeiro mércores 24 de agosto, en horario de 12:00 – 14:00 h e de 16:00 – 19:00 h, todos os rapaces/as (e os que non o sodes tanto, tamén), estades convidados a pasar pola Praza Verde de Carnota (diante do Concello) á aula móbil que se instalará alí, a xogar e saltar no inchable e a aprender que case todos os nosos residuos son unha oportunidade de conservar o medioambiente.

19 de agosto de 2016 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.