Dous atletas da Ximnástica competiron por España

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

No balance da tempada 2015/2016 da Sociedade Ximnástica, cabe apuntar aos atletas da Sociedade Ximnástica que competiron por algunha selección. Resaltar aos 2 atletas que acudiron á chamada da selección nacional:

Alberto Salcedo, formou parte do combinado nacional de substitucións, participando en Roma na Silver Gala, no intento de conseguir a clasificación para os JJOO que finalmente non chegou a bo porto e correndo a última posta do 4×100.

Darío Costas vestiu por primeira vez a camiseta nacional nun encontro internacional Júnior de Probas Combinadas en pista cuberta e non o fixo nada mal ao conseguir unha marca persoal no Heptatlon.

Nos encontros entre Federacións Autonómicas foron 12 os atletas da veterana Sociedade que competeron por Galicia.

Destacar na categoría Absoluta a Iván Docampo e Akka Essaadaoui que participaron no Campionato de España de Campo a través e no Torneo de Federacións Autonómicas en pista, Joselyn Brea cubriu a proba de 3.000 metros obstáculos, Víctor Gallego fíxoo no lanzamento de peso, Santiago Ferrer Alonso no salto con pértega e Darío Costas na substitución 4×100.

Darío Costas repetiu convocatoria no Campionato nacional de Probas Combinadas.

Tamén outros dous atletas do equipo lerezano foron internacionais aínda que non o fixeron por España, Joselyn Brea, acudiu por Venezuela ao Campionato Panamericano de cros, quedándose a un paso dos metais ao acabar en cuarto lugar; mentres que Alex Flórez competiu por Suíza no Campionato do Mundo de marcha, sobre a distancia de 50 quilómetros, que non conseguiu completar.

Mencionar aos atletas pontevedreses adscritos a outras Federacións Autonómicas e que actuaron tamén nos Campionatos de España de Autonomías: por Castela e León, David Martínez e Ignacio Sarmiento, por Andalucía, Alberto Salcedo, Alberto Guerreiro, Lysvanys Pérez e Emilio Martín e por Madrid, Gonzalo Sánchez-Camacho.

Por último sinalar o gran resultado no Campionato de España Universitario, onde os Ximnásticos vestiron a camiseta das súas respectivas Universidades; 9 atletas foron os que acudiron e cunha colleita de 6 medallas, 1 ouro, 1 prata e 4 bronces; conseguindo o ouro, Alberto Guerreiro nos 800 metros baixo o paraugas da Universidade de Pablo de Olavide.

26 de agosto de 2016 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.