publicidade hoxe

Continúan dous lumes baixo control aínda que ningún activo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra de TrivesCervantesLocal Portada
A-
A+
Europa Press

Galicia prosegue este mércores con dous incendios forestais baixo control, os de Cervantes (Lugo) e A Pobra de Trives (Ourense), pero ningún activo, nunha xornada na que a comunidade rexistrou chuvias débiles polo paso dunha fronte pouco activa.

Sobre as 11,15 horas, ademais, a Xunta deu por extinguido o lume do concello ourensano de Melón, que se iniciou na parroquia de Quins e finalmente queimou algo máis de 100 hectáreas, case 19 de arboredo.

En Cervantes, pola súa banda, foron calcinadas polas lapas unhas 45 hectáreas (36 arboladas), mentres en A Pobra de Trives arderon en torno a 194 (20 arboladas).

17 de agosto de 2016 | 16:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.