publicidade hoxe

Continúa controlado o incendio que queimou 150 hectáreas na Veiga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Veiga
A-
A+
Europa Press

O incendio forestal que comezou o martes pola tarde no termo municipal da Veiga (Ourense) permanece controlado tras queimar unhas 150 hectáreas de superficie. Así o indicaron fontes da Consellería do Medio Rural, que precisaron que este lume segue controlado dende as 19,15 horas do mércores.

O incendio comezou ás 17,15 horas do martes na parroquia de Meixide, na Veiga. Foron mobilizados dous técnicos, doce axentes, 29 brigadas, 13 motobombas, dúas pas, cinco helicópteros e catro avións.

25 de agosto de 2016 | 13:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.