Comunicado do Concello de Ourense sobre a apertura do Centro de Saúde de O Couto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Concello de Ourense entende e valora a importancia da posta en marcha dunha obra tan importante para o barrio do Couto como é o novo Centro de Saúde. Cun investimento de 3,5 millóns de euros, esta nova infraestrutura sanitaria ofertará, xunto a medicina e enfermería, fisioterapia, pediatría, odontoloxía, traballo social e enfermería especializada (matronas), que impartirán clases de educación maternal e preparación ao parto.

Para elo conta cunha superficie de 1.500 metros cadrados, distribuídos en sete consultas de medicina xeral, sete de enfermería, unha de matronas, unha de farmacia, traballador social, odontoloxía, sala de educación maternal, consulta de fisioterapia e ximnasio, dúas consultas, de pediatría e enfermería pediátrica, sala de técnicas (cirurxía menor), polivalente, consulta de atención de urxencias e unha consulta do programa da muller. Todas elas xa equipadas.

No que respecta á súa licenza, a día de hoxe existen discrepancias entre os criterios técnicos da Xunta de Galicia e do Concello de Ourense. A Administración Autonómica entende que cando se asinou o convenio para a cesión dos terreos no que se contruiu esta infraestrutura sanitaria (decembro 2012), a licenza estaba condicionada únicamente ao pago das tasas. Naquelas condicións xerais non constaba nin a máis mínima referencia á obligación de urbanizar. 

Tendo en conta esta discrepancia técnica, o Goberno Municipal continuará a pedir informes ao respecto da concesión da licencia de ocupación do edificio, toda vez que o proceso de contratación da urbanización está en marcha para que a adxudicación destas obras se produza no menor tempo posible.

30 de agosto de 2016 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.