publicidade hoxe

Catoira mellora as instalacións do Pavillón Municipal de Deportes e do campo de fútbol As Lombas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoira
A-
A+

O Concello de Catoira está executando obras de mantemento e mellora nas instalacións do Pavillón Municipal de Deportes e no campo de fútbol das Lombas. Estas obras, que inclúen a mellora da eficiencia enerxética, lévanse a cabo con cargo ó Plan de Obras e Servizos 2016 da Deputación de Pontevedra.

En ambos recintos retirouse a tradicional iluminación de mercurio e foi substituída por proxectores led, que implican un aforro enerxético moi importante.

No campo de fútbol das Lombas realizáronse tarefas de mantemento do céspede artificial, mediante a reparación das xuntas e a descompactación da herba, mediante a redistribución e control do recheo con achega de áridos.

No Pavillón Municipal de Deportes pintouse a estrutura metálica do teito e acometéronse diversos traballos para mellorar as condicións de illamento, como a proxección de poliuretano no teito e reparación de goteiras, reparación da estrutura de formigón e das ventás e persianas. As obras estanse finalizando estes días co pulido e marcado de pistas.

Para a execución destas obras investíronse 90.329,56 euros.

26 de agosto de 2016 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.