publicidade hoxe

Castrelo de Miño prepárase para o Ribeiroblues

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCastrelo de Miño
A-
A+

Os grandes éxitos sempre merecen un bis. E se coincide que ao territorio ribeiroblues chega La Vuelta a España, pois voltamos este sábado 20 de agosto: RIBEIROBLUES de “VUELTA”!!!

O sábado 20 de agosto Castrelo de Miño será unha festa. Desde as primeiras horas da tarde a caravana ciclista de La Vuelta a España estará en Castrelo de Miño, no parque náutico, meta da primeira etapa.

O concello en colaboración co Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, queren dar a coñecer os recursos da zona, e organizan un bis do RibeiroBlues 2016 que tanto éxito tivo o pasado fin de semana.

Todos os visitantes poderán disfrutar dun “streetwine”, unha cata de viño Ribeiro ofrecida dentro dun foodtruck do Consello Regulador.

O acompañamento musical correrá a cargo das bandas:

– The Coquettos

– Sinestesia

Desde as 4 da tarde e ata que finalice a etapa da Vuelta, a entrega de premios e todas as accións promocionais, terá lugar este bis tan especial do RibeiroBlues WineFestival 2016.

E cumpre lembrar que o mellor xeito de chegar á liña de meta e evitar problema de aparcamento, é collendo os autobuses gratuitos que saen desde a cidade de Ourense ese mesmo sábado 20.

Por todo o concello de Castrelo de Miño, varios autobuses tamén recollerán a todos os veciños interesados en asistir, facendo varias viaxes por todas as parroquias de Castrelo de Miño.

18 de agosto de 2016 | 10:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.