Caballero insta á Xunta a asinar o convenio do transporte ao aeroporto “de inmediato”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

Abel Caballero reiterou este martes á Xunta a necesidade de asinar canto antes o convenio do transporte ao aeroporto que xa acordaron ambas administracións. Deste xeito, Vigo contaría cun servizo de transporte a Peinador similar ao que conta Santiago de Compostela, tamén financiado polo goberno autonómico.

Abel Caballero animou hoxe martes á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, a asinar “de xeito inmediato” o convenio do transporte ao aeroporto, unha vez pactado o texto entre as dúas administracións. Respecto da recente petición da responsable autonómica de incluír esa liña no transporte metropolitano, o rexedor amosou a súa disposición a aceptar esta novidade sempre que sexa a Xunta a que asuma o custo desta incorporación. En todo caso, Caballero cualificou as últimas consideracións públicas da conselleira como desculpas para non asinar un convenio que permitiría a Vigo gozar dun sistema de transporte a Peinador similar ao que funciona en Santiago, tamén financiado polo goberno autonómico.

23 de agosto de 2016 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.