Atropelada unha persoa na Festa da Auga de Vilagarcía de Arousa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosVilagarcía de Arousa
A-
A+
Europa Press

Unha persoa foi atropelada este martes na Festa da Auga, en Vilagarcía de Arousa, nunha rotonda do porto da localidade, segundo informa o 112. O accidente produciuse preto dunha atracción da festa, e o aviso foi recibido na central de atención ás emerxencias sobre as 10,15 horas. Foron alertados os bombeiros do Salnés, a Policía Local e Protección Civil. Urxencias Médicas encargouse de asistir á persoa ferida.

16 de agosto de 2016 | 13:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.