publicidade hoxe

As visitas para coñecer o patrimonio tomiñés continúan cos petróglifos de Portaxes e Real Seco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

O Concello de Tomiño segue a por en valor o rico patrimonio arqueolóxico e arquitectónico do municipio, dentro do programa de actividades, de balde e para toda a familia, Tomiño Único, organizado pola Concellería de Turismo e Patrimonio, que dirixe Fátima Rodríguez.

As actividades, centradas nos petróglifos e as fortalezastomiñesasconsisten nunha serie deroteiros e travesías en kayak que permite aos participantes descubrir os vestixios dun Tomiño doutra época. O programa, que comezou hai practicamente un mes, conseguiu espertar o interese de residentes e visitantes, rexistrando unha elevada cifra media de participación.

Mañá, mércores 17 de agosto, terá lugar unha segunda parte das Noites do Monte Tetón, cunha visita aos petróglifos de Portaxes e Real Seco. A saída está prevista ás 20.30 horas dende a Casa da Cultura. Guiará a ruta o investigador XoséLois Vilar, membro doInstituto de EstudosMiñoranos.

O Monte Tetón, un dos escenarios elixidos para o programa, situado na parroquia tomiñesa de Tebra, alberga un dos conxuntos de arte rupestre máis importantes de Europa. Os petróglifos de Portaxes e Real Seco ofrecen á persoa visitante un repertorio iconográfico de representacións circulares con gravados de 4000 anos de antigüidade e os máis grandes de Europa atopados até o momento.

O vindeiro mércores o programa ofrecerá a posibilidade de descubrir as fortalezas,neste caso, o Forte de Estás. Completarase a saída cun percorrido polos Muiños da Regueira e da Gandariña, e a Aula AbdónALonso.

Os roteiros son de balde e teñen unha duración de 3 horas. Están dirixidos a todos os públicos e non é necesario inscribirse; basta con achegarse ao punto de encontro. Recoméndase levar calzado cómodo, roupa de abrigo e bebida.

16 de agosto de 2016 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.