As obras en Javier Puig que tomarán o relevo ás de José Millán comezan este mércores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Comezan maña mércores ás obras de rehabilitación integral da rúa Javier Puig, unha actuación que nun primeiro momento non afectará ao tráfico da vía xa que os traballos arrancan na zona das beirarrúas en espazos de estacionamento.

Cando avancen as obras, nos días seguintes, procederase ao peche da rúa, ao tempo que abrirá ao tráfico a rúa José Millán, cuxas obras de reforma están case concluídas. A apertura desta segunda rúa, paralela a Javier Puig, farase co sentido de circulación invertido -San Antonño-Benito Corbal- e manterase así mentres duren as obras en Javier Puig. Todos os cambios serán puntualmente informados pola Policía Local.

A rehabilitación integral da rúa Javier Puig foi adxudicada a a empresa EC Casas por 334.556,23 euros quen engadirá como melloras o adecentamento dos cruzamentos das rúas Benito Corbal-Javier Puig e Javier Puig-San Antoniño.

As obras seguirán os parámetros de calidade do modelo urbano e priorizará os tráficos peonís sobre os rodados. O tratamento previsto na licitación é de bandas segregadas, cunha distinción física de materiais entre o carril do tráfico rodado que levará aglomerado asfáltico e as beirarrúas que se farán en loseta de cemento, confinadas por bandas de pedra e separadas do carril de tráfico por un bordo. A actuación inclúe xunto co tratamento en superficie unha ampla renovación dos servizos soterrados. Renovaranse a rede de abastecemento de auga, a rede de saneamento e a canalización de cabos do alumeado público. Neste último caso o deterioro da instalación xúntase ao feito de que a posición das novas luminarias no coincidira coa das preexistentes que están ancoradas nas fachadas.

As obras na rúa Javier Puig tomarán o relevo ás realizadas en José Millán pola empresa Covsa. Neste acaso o orzamento foi de 240.000 euros e consistiron en un tratamento de bandas segregadas, cunha distinción física de materiais entre os distintos usos:

• Carril de tráfico rodado, realizado en aglomerado

• Beirarrúas, realizadas en lousa de cemento, confinada por bandas de pedra e separada do carril de tráfico por un bordo con diferencia de nivel semellante ao das rúas circundantes.

• Os tráficos peonís estarán priorizados fronte aos tráficos rodados.

Ademais renováronse todos os servizos, baixáronse as luminarias da rúa, agora instaladas nas fachadas dos edificios, e substituíronse por báculos led na beirarrúa.

30 de agosto de 2016 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.