publicidade hoxe

Ares celebra este venres a dezaoito edición do Concurso de Castelos na area

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAres
A-
A+

O Concello de Ares, a través da área de Cultura, organiza unha nova edición do Concurso de Castelos na area, que este ano chega á súa edición número dezaoito. Esta actividade terá lugar este venres 19 de agosto a partires das once da mañá na praia do Xuncal (diante do parque municipal Rosalía de Castro), e as persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición na Alianza Aresana ata mañá, en horario de 9.00 a 14.00 horas –de luns a venres-, ou chamando ao teléfono 981 448 057.

As bases establecen a posibilidade de participar de xeito individual ou en grupos de non máis de tres persoas, puntualizando que os membros dun grupo deben pertencer todos ao mesmo grupo de idade agás na categoría familiar. Ditas categorías son as de menores de 7 anos, entre 7 e 11 anos, de 12 a 17 e familiar.

O xurado, que estará composto por tres persoas elexidas ao azar que se atopen no lugar do concurso pero que non sexa participante, decidirá o único premio que se entregará por cada unha das categorías, aínda que as bases especifcan que se poderá establecer algún accésit se o xurado así o estimase oportuno no seu momento.

17 de agosto de 2016 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.