Apertura do prazo de solicitude das subvencións de concorrencia competitiva para entidades e clubs deportivos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Deputación abriu o prazo de solicitude das subvenciónsde concorrencia competitiva para entidades e clubs deportivos da provincia,dotadas con 500.000 euros. Así o comunicou o Deputado de Deportes, Pablo RiveraCapón, que subliñou que “para concorrer a estas axudas, destinadas a financiar actividadesfederadas, eventos deportivos puntuais ou citas con carácter permanente; habilitamosna páxina www.deputacionlugo.gal un espazo no que se atopa toda ainformación sobre estas axudas; así como a documentación que se debe presentarpara optar a elas”. O prazo de solicitude remata o vindeiro día 7 de setembro,inclusive.

Cómpre salientar que o Goberno da Deputación decidiuofrecer ás entidades e clubs deportivos da provincia que finalmente resultenbeneficiados un anticipo da axuda do 80%.

Criterios sociais

Como novidade, incluíronse por vez primeira, criteriossociais nas bases destas subvencións, como medidas en impulso á igualdade e áintegración; ou en recoñecemento ao esforzo competitivo dos clubs. Ademais, valorarasepositivamente, aos equipos mixtos, femininos ou con persoas con capacidadesdiferentes. Tamén a aqueles que sexan de localidades pequenas, de Concellos demenos de 2.000 habitantes, especialmente do rural.

Puntuarán tamén os resultados ou ascensos deportivos.Outra das novidades desta programación é que aumentamos o importe mínimo dasubvención aos 700 euros, pois antes eran 300. O máximo por axuda é de 4.000euros.

29 de agosto de 2016 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.