publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ángeles Vázquez reúnese cos veciños e o alcalde de Porto do Son para avaliar a situación nas zonas afectadas polo lume

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPorto do Son
A-
A+
Ángeles Vázquez na reunión en Porto do Son

Ángeles Vázquez na reunión en Porto do Son

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, desprazouse esta mañá ata o concello de Porto do Son para manter unha primeira xuntanza de traballo co alcalde, José Luis Oujo, representantes dos montes comunais das zonas que se viron afectadas polos incendios forestais da pasada semana, así como asociacións de veciños, gandeiros e apicultores, co obxectivo de analizar os danos rexistrados e comezar, o antes posible, coas actuacións de rexeneración.

As medidas urxentes acordadas foi o restablecemento de peches para o gando que está de forma extensiva nos montes da zona, ademais de provelos de alimentos. Tamén se velará pola subsistencia das colmeas e arranxar as máis afectadas, así como subsistir as que o precisen. Seguidamente, vaise estudar a posibilidade de axilizar a corta de madeira queimada para poder empezar a repoboación dos montes e recuperar así a cuberta vexetal o antes posible.

A conselleira destacou tamén que, tal e como avanzou o Presidente da Xunta, destinarase unha nova liña de axudas para restituír os danos, tanto os sufridos polas persoas como polos montes afectados. Estas achegas virán de fondos da Vicepresidencia, Facenda, Medio Ambiente e da propia Consellería do Medio Rural co fin de arbitrar as respostas que sexan precisas e poñer en marcha medidas de futuro e non parches provisionais.

Esta xuntanza intégrase na rolda de reunións de traballo previstas pola Consellería do Medio Rural cos concellos afectados polos incendios forestais, co fin de planificar as actuacións e valorar os danos. Neste senso, o departamento que dirixe Ángeles Vázquez xa está a traballar na planificación dun plan de prevención ante unha posible perda de solo en zonas afectadas por incendios forestais con diversos departamentos autonómicos.

Ademais de realizar traballos de mellora de infraestruturas e rede de drenaxe, con limpeza e apertura de cunetas, limpeza de canos e arquetas, etc, a Consellería ten previsto efectuar actuacións de control de vexetación e accións de mellora dos cursos de auga, así como máis específicas de control de erosión e protección de solos.

17 de agosto de 2016 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.