A Xunta convoca ao Concello de Vigo a a manter unha reunión para pechar o convenio sobre a mellora do servizo de autobús a Peinador

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

A Xunta de Galicia trasladoulle hoxe ao Concello de Vigo a súa disposición a manter o vindeiro luns a reunión solicitada pola Xunta para concretar o apoio autonómico á mellora do servizo municipal de autobús ao aeroporto de Peinador. A directora xeral de Mobilidade convidou á concelleira de Transportes da cidade a manter a devandita reunión o día 9 de xuño ás 10 horas na Delegación Territorial da Xunta na cidade.

Así mesmo, a Xunta aposta porque o prezo do billete do servizo a Peinador se fixe en 0,85 euros, o mesmo que para o aeroporto de Santiago.

Hai que lembrar que o Goberno galego e o concello de Vigo, xa mantiveron varias xuntanzas e que, o pasado día 3 de agosto elaborouse un borrador do convenio de mellora do servizo municipal de autobús ao aeroporto de Peinador promovido pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

Tras recibir diversas observacións, con data 9 de agosto, e unha vez analizadas polos técnicos da dirección xeral de Mobilidade, a Xunta considera acaído manter unha xuntanza técnica para pechar de forma definitiva as cuestións que o concello de Vigo formula, co único interese de poñer en marcha este novo servizo canto antes.

Desta maneira, a Xunta trasladoulle a súa plena disposición de manter unha xuntanza técnica o próximo día 29 de agosto, ás 10.00 horas, na Delegación da Xunta de Vigo para a celebración da reunión.

 

23 de agosto de 2016 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.