publicidade hoxe

A Xunta colaborará na mellora das rúas Galea, da Real e do contorno da Igrexa de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiño
A-
A+
Europa Press

A Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o alcalde do Concello de Miño, Ricardo Sánchez, acompañados polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, asinaron un convenio para a reorganización e humanización de varios viais no centro urbano desta localidade coruñesa co fin de facelas máis seguras, cómodas e accesibles para os vehículos e os veciños

Con este acordo establécense os termos da colaboración entre a Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) e o Concello para a reorganización e mellora da rúa Galea, da rúa Real e do contorno da Igrexa.

Así, na rúa Galera, que corresponde cun treito da estrada que vai ata Vilamateo, na AC-160, que xa foi transferido a este municipio. A responsable de Infraestruturas do Executivo autonómico explicou que os traballos suporán á extensión dunha nova capa de firme ao longo de 270 metros, nas zonas onde se atopa máis deteriorado; e tamén se incrementará o ancho das beirarrúas existentes, co obxectivo de facelas máis cómodas e transitables para os peóns. Así mesmo, mellorarase a iluminación e ordenarase o aparcadoiro público.

Por outra banda, Ethel Vázquez explicou que na rúa Real, as tarefas centraranse na renovación das beirarrúas, ao longo duns 12 metros, colocando un novo pavimento de lastro de granito; e na contorna da igrexia, que ocupa o espazo entre as rúas Carreira e Galea, substituirase o paso actual, que ten unha pendente elevada, por unha rampla adaptada á normativa en materia de accesibilidade.

Con estas actuacións facilitarase o acceso á Igrexa e tamén ao Centro de Saúde; o que permitirá liberar espazo ao redor destes edificios, facendo máis sinxela a mobilidade de todos os usuarios.

Vázquez Mourelle subliñou que estas obras atenden á solicitude do alcalde, desde a Xunta colaboraremos co Concello de Miño, financiando estas actuacións cunha achega de máis de 225.000 €.

Pola súa banda, o Concello comprométese a redactar o proxecto e a contratar e executar as obras.

Estes traballos completaranse con outros xa realizados na rúa Granada: de substitución da rede de abastecemento, instalación dunha rede separativa de fecais e pluviais e renovación do pavimento. Intervencións ás que a Xunta destinou unha achega económica de máis de 164.000 €.

Con estas accións, sélase unha nova colaboración co Concello de Miño para executar melloras en varios viais do municipio, co obxectivo de favorecer a mobilidade dos veciños e facilitar o acceso a equipamentos e lugares concorridos como o Centro de Saúde ou a Igrexa.

17 de agosto de 2016 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.