A xerencia de xestión integrada de Pontevedra e o Salnés executa un plan de reformas en 22 centros de atención primaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Servizo Galego de Saúde, a través da súa Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, está a executar un plan de reformas e melloras que beneficia a 22 centros de Atención Primaria repartidos por toda a súa área xeográfica e asistencial.

Así, acométense diversas melloras e reformas: no centro de saúde de Arcade, reparación de deficiencias no tellado; no centro de saúde de Baltar-Sanxenxo, tarefas de carpintería exterior, acometida de auga, pintura e substitución de portas; en Caldas de Reis, melloras na sala de caldeiras, nos desagües e na porta do Punto de Atención Continuada; en Cerdedo, ampliación do almacén do centro de saúde; en O Grove, substitución da caldeira de auga quente e tamén pintado e reforma da área do Punto de Atención Continuada.

No centro de saúde de Lérez, arranxo de deficiencias na fachada e na coberta; no de Monteporreiro melloras na entrada ao centro de saúde; no Virxe Peregrina de Pontevedra, tarefas de pintura, arranxo de chan e substitución de portas, iniciativas similares ás planificadas no centro de saúde de Pontecaldelas. 

No centro de saúde de Seixo en Marín, tarefas de pintura, saneamento e reforma da fachada. En Tenorio-Cotobade, labores de saneamento. No centro de saúde de San Roque en Vilagarcía de Arousa, pintado, reparacións de fontanería e rehabilitación de consultas e do PAC. Así mesmo, iniciativas diversas de mantemento e melloras execútanse tamén nos centros de saúde de Barro, Cambados, Campolameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Raxó, Soutelo de Montes, Toural-Vilaboa e Vilanova de Arousa.

Axeitados stándares de calidade

O plan de reformas e melloras da EOXI de Pontevedra e o Salnés -cunha dotación económica de 198.500 euros- incide en manter uns axeitados stándares de calidade para garantir o eficaz funcionamento das súas dependencias de Atención Primaria, así coma a eficiencia técnica, enerxética e a seguridade dos usuarios e traballadores, conseguindo deste xeito a dispoñibilidade permanente dos espazos e as instalacións que requiren o normal desenvolvemento da actividade asistencial.

 

30 de agosto de 2016 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.