publicidade hoxe

A veciñanza de Pousada honra á virxe de Lourdes con alfombra floral, misa e procesión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmesCalendario
A-
A+

Este domingo a veciñanza do lugar de Pousada celebra unha festa na honra da súa patroa, a virxe de Lourdes, cunha misa solemne e unha procesión. A ermida de San Xoanciño de Pousa será decorada cunha longa alfombra de flores; tradición que os habitantes deste lugar da parroquia de Ames comezaron fai xa sete anos.

A representante da Asociación Cultural San Xoanciño de Pousada, encargada da organización destas festas, sinala que veciños e veciñas levan cortando tulla para a confección da alfombra “dende o xoves da pasada semana”. “Reunímonos entre 18 e 20 persoas todos os días para colaborar, enchemos unha morea de caixas para esta fin de semana”, sinala satisfeita Mª José Bello. “Os veciños xa comezaron a traer as flores e prepararémolas entre hoxe e maña”, explica. A partir das 8:00 horas do domingo, 28 de agosto, poderase contemplar o lenzo que decorará o camiño que une a ermida co campo da festa: “Agardamos cubrir de flores máis ou menos 57 metros de camiño”.

A misa solemne, que comezará ás 13:00 horas, contará coa presenza do Coro Parroquial de Ames. Durante a procesión, e como aportación do Concello de Ames á celebración das festas de Pousada, tocarán o grupo de pandereteiras As Maianas, artistas xa habituais nesta data sinalada. 

26 de agosto de 2016 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.