publicidade hoxe

A renovación das pistas de tenis do Parque Público a Canuda estarán rematadas antes de finalizar o ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Alcalde de Salvaterra de Miño asinan o convenio para a renovación das Pistas de Tenis do Parque Público A Canuda, por un importe de 40.000€.

Salvaterra de Miño é un Concello de preto de 10.000 habitantes que ao longo do mes  é visitado por  miles de persoas, non so da comarca, senón de toda a provincia, resto de Galicia e norte de Portugal, sobre todo pola gran e variada oferta que ofrece unha das súas instalacións lúdico deportivas máis importantes, o Parque Público A Canuda,, un dos espacios naturais con máis afluencias nestes momentos.  Máis de 200.000 m2 de zonas verdes, zona de xogos, merendeiro, auditorio, circuíto víal, parque biosaudable, lago, horta, zona de animais, sendeiros, carril bici, piscinas, pista polideportiva, pista de skate e dúas pistas de tenis. Estas últimas son moi concurridas, tanto polos veciños e veciñas do municipio como por persoas que se desprazan a Salvaterra para practicar deporte. Coa sinatura deste convenio, que implica que as obras empezarán de inmediato, buscase a mellora dun espacio moi demandado, que ten xa varios anos e moito uso. Es acción englobase dentro da mellora dos equipamentos deportivos que está a levar adiante o Concello.

Este proxecto valorado en 40.000€, pretende mellorar os servicios ofrecidos a todos os habitantes do Concello, mellorando o firme deteriorado con labores de limpeza  e executando unha capa drenante estabilizadora, ademais de limpar os drenaxes existentes, para rematar aplicarase  un pavimento novo  e marcaranse as liñas de xogo. Ademais colocaranse redes novas, con postes e mecanismo de tensado.  O obxetivo principal desta obra é mellorar o servicio ofrecido aos usuarios destas pistas.

Salvaterra de Miño é un Concello comprometido co deporte  e coa vida saudable, investindo na mellora dos equipamentos deportivos e pondo en valor o patrimonio a través de diferentes rutas de sendeirismo polos seus ríos e invita aos seus veciños e visitantes a levar uns hábitos saudables.

18 de agosto de 2016 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.