publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Policía Autonómica investiga o presunto autor dun incendio forestal en Oroso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrosoSucesos
A-
A+

Axentes da xefatura da Policía Autonómica de Santiago informaron hoxe da investigación do presunto autor dun incendio forestal no concello de Oroso.

O lume produciuse o pasado 9 de agosto na parroquia de San Román de Pasarelos, no concello coruñés de Oroso, e que afectou a unha superficie de 2.900 metros cadrados de monte arborado. O incendio foi causado polo lanzamento neglixente de bombas de palenque nas festas.

Polos feitos instruíronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Primeira Instancia, en funcións de garda, de Ordes (A Coruña).

Na actual campaña anti-incendios forestais do 2016, un total de 42 persoas foron investigadas ou detidas pola Policía Autonómica, como presuntas autoras de incendios forestais.

19 de agosto de 2016 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.