publicidade hoxe

A oferta concertada da campaña de verán de Política Social permite a participación de 60 xóvenes en actividades de ocio educativo na Illa de Ons

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe o campamento xuvenil da Illa de Ons, onde o Concello de Marín está organizando unha actividade de ocio educativo e conciliación con 60 prazas. Esta iniciativa lévase a cabo grazas á oferta concertada da Campaña de Verán da Consellería de Política Social, que pon a disposición de entidades e concellos un total de 900 prazas en 7 instalacións xuvenís, para que poidan organizar as súas propias actividades de verán.

Entre a oferta concertada e os campamentos que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, a instalación xuvenil de Ons acolle este ano a un total de 360 mozos e mozas.

Na Campaña de Verán tomarán parte un total de 9.046 mozos e mozas e 900 monitores e directores de tempo libre. As actividades están dirixidas a persoas entre 9 e 30 anos, e están divididas especificamente para os distintos grupos de idade.

Na programación inclúense: campamentos xuvenís para menores de 18 anos en Galicia e noutras comunidades autónomas; o uso en oferta concertada das instalacións xuvenís; as actividades para maiores de 18 anos; campos de traballo en España e no estranxeiro; e accións de reencontro con mozos e mozas descendentes de galegos residentes no exterior.

26 de agosto de 2016 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.